MARÍA SOLAR: “O meu pesadelo favorito”

pesadeloQuerer presentar a estas alturas da vida a María Solar é unha pretensión absurda por ser sobradamente coñecida, tanto na súa faciana de comunicadora como de escritora, que vén sendo o mesmo. O seu último traballo polo de agora é unha pequena alfaia titulada “O meu pesadelo favorito”, galardoada o pasado ano co Premio Lazarillo de Literatura Infantil e Xuvenil, que xa leva un tempo entre nós na súa lingua orixinal e que acaba de ser traducida ao castelán.

O libro desenvolve unha historia curiosa e enrevesada na que se nos dá conta das aventuras dun neno con febre que vai saltando dentros dos soños delirantes provocados pola quentura. Os mundos imaxinados polo neno, Manuel, son mundos infantís, cun punto de absurdos, poboados por personaxes tan peculiares como un estraterrestre curioso que se move polos sumidoiros, animais imaxinarios saídos dun laboratorio, un vendedor de olores, unha repartidora de bicos… Un mundo que nos achega ao da Alicia de Lewis Carrol con moita máis ironía e fino humor, ese humor que fai que a lectura se vexa acompañada por un sorriso continuado.

Para iso, María Solar emprega unha linguaxe clara e concisa, limpa e ben argallada, que fai moi doado seguir as peripecias de Manuel brincando nun mundo onírico, mesmo misturando os seus soños coa súa propia realidade. Se a isto lle engadimos a retranca presente en cada páxina, a capacidade de fabular da que fai gala a autora, e mailas fermosas ilustracións de María Lires, o resultado non pode ser outro que unha lectura moi agradecida por nenos e maiores. Porque cando tratas a un neno coma se fose un neno, e non coma se fose parvo, a repartidora de bicos achégase aos teus soños para darche as grazas.

María Solar.
Ilustradora: María Lires
“O meu pesadelo favorito”
Editorial: Xerais.
184 páxinas

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s