ALFONSO PEXEGUEIRO: “Lapsus”

pexegueiro_lapsus

Alfonso Pexegueiro tennos acostumados ás súas brincadeiras literarias no que se refire a xéneros e estilos, pero “Lapsus” ben podería representar un punto de inflexión na súa dilatada traxectoria. Preséntasenos como unha obra de teatro, pero non teño de todo claro que non se trate dun longo poema dialogado aproveitando as estruturas da esencia dramática para adentrarse no máis profundo da nosa alma.

Pexegueiro, sempre preocupado polas cuestións socials, recolle elementos do teatro do absurdo de Eugene Ionesco ou de Samuel Becket para enfrontarnos cunha realidade que, non por imaxinada, resulta menos estarrecedora. O autor viaxa ata a infancia para falarnos, nunha lectura superficial, de cousas tan duras como o maltrato infantil ou a violencia; pero se nos adentramos nas súas páxinas con afán analítico non resulta difícil comprobar que do que nos está a falar é da soidade existencial do individuo, do desampara producido pola pertenza a unha sociedade cada vez máis alienante, do nacemento da maldade no interior de cada un de nós, ou da sensación de desprotección á que nos vemos abocados fronte a un mundo hostil.

“Lapsus” é unha obra complexa, pero os seus protagonistas, Ron e Lapo, descóbrense como auténticos achados de absurdidade condicionados por unha sociedade á que non lles queda outra que pertencer. Non é de balde que a obra teña como subtítulo “A comedia de existir”. Maltratados polo entorno, Ron e Lapo rematan por se converter eles mesmos en maltratadores do entorno, nun círculo vicioso eterno e permanente mentres non muden as estruturas que o sosteñen.

Di Pexegueiro que tardou máis de trinta anos en escribir “Lapsus”, e aquí podemos atopar unha contradición moi peculiar: por unha banda, non resulta estraño, xa que representa unha viaxe dura e penosa por territorios inexplorados. A lectura é difícil, pero a escrita tivo que ser un auténtico descenso aos seus infernos máis persoais. Pola outra, e a pesares do dito, a obra reflicte unha actualidade fóra de toda dúbida, mesmo parece inspirada polos tempos actuais. Será que as cuestións das que fala son pesadamente reiterativas na andaina do home polo mundo…

Alfonso Pexegueiro

Lapsus. A comedia de existir

Axóuxere

128 páxinas

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s