ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO: “Detrás del horizonte”

detras-del-horizonteQue as guerras son unha tolemia xa é sabido, pero cando nolo conta Antonio García Teijeiro, coa súa mistura entre o relato e a poesía, con esa sensibilidade que sabe imprimir a determinadas narracións, con esa crueza que acompaña a outras, e con ese xeito tan particular de levarnos á reflexión sobre as capacidades e os límites do ser humano, a lectura convértese nun goce.

“Detrás del horizonte” é unha novidade a medias, porque o escritor vigués xa publicara o texto no ano 2002, na editorial Edelvives, na súa versión orixinal galega. Agora que o libro xa está descatalogado, a editorial Belagua encargouse de retomar aquel vello proxecto e vén de recuperar o texto, traducido ao castelán por Alba Piñeiro Estévez e revisado polo propio autor, cun engadido moi especial: unha serie de imaxes do fotoxornalista Ricardo Grobas que axudan a contextualizar “Detrás del horizonte”, pois tal é o título desta versión.

O tema central do libro é a barbarie da guerra e o padecemento de aqueles que se vén castigados por tal atrocidade. Malia que as imaxes de Ricardo Grobas están tomadas en Albania en 1997, o certo é que os relatos ben poderían facer referencia a calquera guerra, de agora ou de sempre, pois todas teñen en común a penalidade que as acompaña.

“Detrás del horizonte” é un libro de relatos e como tal se presenta. Relatos breves nos que exerce de fío argumental unha historia máis, a dun mozo que deserta do combate e, na súa fuxida, vai dar a unha casa na que atopa unha serie de escritos anónimos, que son os propios contos. Por veces narrativos, por veces meramente reflexivos, o libro propón, no fondo, unha viaxe introspectiva ao máis profundo da alma humana a través do padecemento provocado pola soa idea da guerra.

Non procuredes heroes nestes relatos; polo menos non heroes no sentido máis tradicional da palabra. Por tras do horizonte, os verdadeiros heroes son as persoas anónimas que padecen o medo ás bombas ou ás balas, os soldados derrotados ou os desertores, os nenos desprazados que perderon a súa infancia, ou aquel pequerrecho enrabexado que teima en darlle inútiles patadas a un tanque… Moitos de nós poderiamos vernos reflectidos neses heroes se tivesemos a desgraza de formar parte do decorado que Teijeiro nos presenta.

O libro de relatos comezou a súa andaina dentro da categoría de literatura infantil e xuvenil, pero non vos deixedes enganar. Non é un libro só para nenos: é un libro duro e crítico, pero, ao tempo, cheo de tenrura e, aínda máis importante, de esperanza. Unha lectura recomendable para calquera idade e para calquera sensibilidade.

Antonio García Teijeiro

Detrás del horizonte

Editorial: Belagua

130 páxinas

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s