“Plug & Play. Antoloxía galega de ciencia ficción erótica”

plugplay¿Unha antoloxía de contos, de autores galegos, de ciencia ficción erótica…? ¡Iso tiña que subir ao meu andel a non tardar!

A idea foi (¡como non!) de “Contos estraños”, a editorial de literatura fantástica que rematou por se integrar en Urco Editora como selo independente. E abofé que realizaron un excelente traballo de selección de material. A literatura fantástica sempre tivo unha presenza importante en Galicia, malia que non toda fose encarreirada á ciencia ficción, e menos aínda ao erotismo.

Esta curiosidade editorial, a primeira destas características en lingua galega, ten o mérito de reunir a algúns dos nosos autores máis consagrados e outros novos talentos interesados no mundo da fantasía. Mariña Pérez Rei, Manuel Lourenzo, Xesús Constenla, Xerardo Méndez ou Ramón Caride Ogando, son nomes suficientemente coñecidos e recoñecidos como para darlle credibilidade a esta antoloxía. Ao seu carón, autores que dan os seus primeiros pasos, como Roque Rei, María Alonso Alonso ou Moncho Mariño.

O libro, como non podía ser menos, resulta irregular nos temas e contidos, algo que podemos considerar inherente ás obras colectivas. Pero se falamos do conxunto, o resultado é máis ca digno. As historias navegan entre o futurible e o puramente fantasioso, e fálannos de distopías e mundos postapocalípticos, de viaxes interestelares e planetas descoñecidos, de seres humanos e de robots e “ciborgs” que buscan iso que chamamos “sentimentos”, de extraterrestres e de personaxes que rozan a mitoloxía, aderezado todo co elemento erótico co que se pretende darlle unidade á colección de relatos. Pero tampouco neste aspecto hai unanimidade, pois ao longo das súas páxinas atopamos dende intres tan explícitos que se achegan á pornografía, ata momentos moito menos intensos que apenas van alén do puramente romántico.

Como curiosidade podemos engadir que boa parte dos contos recollidos, aínda que falen de mundos futuros ou imaxinados, ben se poden ler en clave actual. Dende esta perspectiva, agochan pinceladas (¡ás veces de trazo ben groso!) de crítica social, de defensa do pacifismo e do ecoloxismo, mesmo de defensa das relacións interpersoais, independentemento do sexo dos individuos, presentándonos así espazos para a reflexión sobre o camiño que a humanidade está percorrendo. E ese tipo de cousas sempre son de agradecer en relatos que teñen como obxectivo a procura de realidades dispares da nosa, de mundos oníricos e/ou irreais ¿non é?

Varios Autores

Plug & Play. Antoloxía galega de ciencia ficción erótica

Contos estraños (Urco Editora)

170 páxinas

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s