MARCOS CALVEIRO: “Fontán”

fontan“Fontán” é a novela coa que Marcos Calveiro gañou este ano o premio de narrativa breve “Repsol”, un percorrido pola vida do cartógrafo do século XIX Domingo Fontán, autor do primeiro mapa topográfico de Galicia realizado con criterios científicos: o responsable de pórlle cara, tal e como o escritor pregoa, ao noso país.

Estamos polo tanto, perante o retrato dun dos científicos liberais da época, tan relevantes na nosa traxectoria como país e na actualidade tan esquecidos, polo que a novela ten o aliciente de supoñer a recuperación dunha figura senlleira e de enorme influencia nas xeracións posteriores.

Para tal cometido, Calveiro opta polo recurso da recreación. O libro está cheo de datos perfectamente documentados (non é en van que confesase en varias ocasións sentirse obsesionado co mapa de Fontán dende a súa xuventude), mesmo reproduce algúns deses documentos integra ou parcialmente, iso é certo; pero non esquezamos que se trata dun traballo literario, polo que o autor ten que acudir a cotío á recreación do que puideron ser determinados pasaxes da vida de Fontán dos que pouco ou nada podemos saber. É o caso dalgúns episodios da súa infancia, ou a descuberta dun novo invento da época, a bicicleta, logo de que el percorrese Galicia toda durante 17 anos, dacabalo de bestas, para poder realizar as medicións precisas.

E tamén acude (principalmente nos primeiros capítulos) a escenas que se desenvolven fóra do percorrido vital do topógrafo, xuntanzas científicas por toda Europa que sentan as bases do coñecemento da época, e que teñen un gran interese para a comprensión perfecta da obra. Con todos estes elementos, Calveiro, que xa ten demostrado con creces a súa habilidade narrativa, vai tecendo unha arañeira capaz de atrapar ao lector minimamente interesado no noso pasado.

A novela histórica non é allea para o escritor vigués, que xa ten elaborado outros traballos nesa mesma liña. “Fontán” é un paso máis nunha carreira que semella a procura dunha identidade: a do propio Calveiro, evidentemente, pero tamén a da Galicia de hoxe, filla de tantos e tantos talentos agochados entre os pregues da nosa memoria colectiva.

Marcos Calveiro

Fontán

Editorial: Galaxia

248 páxinas

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s