LEDICIA COSTAS: “Esmeraldina, a pequena defunta”

esmeraldinaPois si. Ledicia Costas volveuno a conseguir. E non era doado. Logo do éxito arrollador de “Escarlatina, a cociñeira defunta” (6 edicións en dous anos, varias traducións, unha chea de premios e recoñecementos e a devoción incondicional dos nenos galegos), a autora preséntanos unha historia que ten moito que ver con aquela e que semella levar o seu mesmo camiño triunfal.

Na primeira novela, Ledicia cóntanos unha aventura de Escarlatina (unha nena que morreu no século XIX), na época actual. Nesta nova entrega asistimos aos sucesos que derivaron da morte desa nena que, en vida, chamábase Esmeraldina. Estamos, xa que logo, diante do que os cinéfilos calificarían de “precuela”. Algúns personaxes secundarios que repiten (como a incombustible Nicotina ou Lady Horreur), unha ambientación similar e, sobre todo, o mesmo posicionamento fronte a un tema tan difícil de tratar cos nenos como é o da morte e todo o que a rodea.

Non paraecía doado repetir o éxito da primeira entrega, pero o resultado é unha historia divertida, retranqueira, terrorífica, disparatada, macabra, gastronómica, pantasmal, salvaxe, fedorenta, animosa… E moitas cousas máis que convido a descubrir entre as súas páxinas. Mergullarse no entorno ectoplasmático de Esmeraldina significa saltar a outro mundo… no máis amplo sentido da palabra.

Ambientada en tempo e lugar no salvaxe oeste, polo relato desfilan indios, vaqueiros, salteadores e só falta o 7º de Cabalaría para ter a postal completa. O punto de encontro é o Hotel Fantastique, onde Esmeraldina e a súa familia son responsables da cociña. Xa na primeira entrega o tema gastronómico tiña unha relevancia fundamental. Agora incluso inclúe como epílogo da historia o “Libro de receitas de A Tremenda”, alcume polo que era coñecida a avoa da protagonista.

Esmeraldina, logo de morta, segue a vivir no hotel unha existencia pantasmal. Resulta duro marchar ao Alén e deixar para sempre aos seus pais e a súa avoa, as áncoras que a atan ao mundo dos vivos. E máis aínda cando descoñece cales son as regras implícitas á súa nova condición. Primeiro deberá aprender a vivir a súa nova existencia como ectoplasma para, finalmente e logo de solucionar algúns problemas que poñen a trama da historia, tomar a decisión máis axeitada.

Nenos e adultos estamos de hora boa con esta nova entrega de Ledicia Costas que, a bo seguro, dará moito que falar nos vindeiros meses. Eu déixovos: vou probar algunhas das apetitosas receitas de A Tremenda…

Ledicia Costas

Esmeraldina, a pequena defunta

lustracións: Victor Rivas

ditorial: Xerais

224 páxinas

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s