ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO: “Raiolas de sol”

raiolas_bookAntonio García Teijeiro tennos acostumados a unha productividade literaria ben abondosa. Estes días está de celebración coa finalización da súa triloxía poética adicada ao mar, logo de ver publicado o derradeiro tomo do proxecto: “Poemar o mar”, recibido con alborozo pola súa grea de seguidores. Pero entre verso e verso, acostuma a deixar caer pequenas pingas de habilidade narrativa, como é o caso do texto que nos ocupa.

Falamos dun texto breve, un libriño de só 88 páxinas nas que recompila catro contos que teñen un nexo en común: as raiolas de sol que lle dan título ao conxunto. Raiolas metafóricas que nos falan deses pequenos instantes de autoafirmación que, aínda sendo breves, deixan unha fonda pegada en nós. No medio de vidas cotiáns e monótonas, eses intres son quen de facernos albiscar retallos de nós mesmos que criamos inexistentes ou perdidos, de facernos sorrir e enfrontarnos a un mundo que aínda non somos quen de comprender.

Digo isto porque os protagonistas dos contos son rapaces que aínda están aprendendo que é iso tan peculiar que os rodea. García Teijeiro é un dos nosos grandes valores no que atinxe á literatura infantil e xuvenil (de límites tan difusos), e os personaxes principais que poboan este libriño son adolescentes que están a se descubrir a si mesmos ao longo dos textos, a percibir un entorno en ocasións hostil por diversas razóns (unha enfermidade, un amor non correspondido, unha paixón non permitida…). Pero, no medio das nubes, sempre aparece esa raiola vivificadora que é quen de darlles a volta aos seus sentimentos e vivencias e de inxectarlles un pouco de optimismo.

Eu nunca crin na literatura con apelidos, chámeselle infantil ou adulta, de aventuras ou policiaca. Creo unicamente na “boa” e na “mala” en función da súa calidade e da súa capacidade para transmitir, cuestións estas que considero máis ben subxectivas. Por iso me atrevo a recomendar este libriño a calquera que teña a lectura como afición. Alguén dixo que a través da lectura aprendemos das vivencias dos outros e, así, imos formándonos como persoas. E aínda que xa teñamos superada a nosa adolescencia, seguro que entre as palabras de García Teijeiro atoparemos adobíos suficientes para engalanar o noso espírito.

Antonio García Teijeiro
Raiolas de sol
Editorial: Galaxia
88 páxinas

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s