ANTONIO MANUEL FRAGA: “Querido H.P. Lovecraft”

lovecraftChega a este andel algo tarde (xa leva varios meses entre nós), pero convén non perder de vista este relato co que Antonio Manuel Fraga acadou o I Premio Antón Risco de Novela Fantástica o pasado ano, e no que lle rende unha sentida homenaxe ao escritor norteamericano Howard Phillips Lovecraft e a todo ese grupo que se movía ao seu arredor, grandes figuras do que erroneamente se deu en chamar “literatura pulp”.

Nunha carta introdutoria que fai de prólogo, A.M. Fraga diríxese ao lector para explicarlle que a historia nace dunha investigación sobre escritores suicidas. Así topou co novelista Robert Ervin Howard (creador, entre outros personaxes moi populares na época, de “Conan, o Bárbaro”), que se disparou un tiro na cabeza no interior do seu coche con apenas 30 anos. Outra carta real do pai de Howard a Lovecraft, amigo e mentor do novelista, notificándolle a morte do seu fillo, encárgase de darlle paso á ficción.

Seguimos xogando co xénero epistolar, como delata o título da novela, pois a meirande parte do relato ocúpao unha misiva supostamente escrita por Howard ao seu mestre. “Querido H.P. Lovecraft: Cando leas estas liñas eu non estarei xa no mundo dos vivos”, son as primeiras e desacougantes palabras coas que comeza a debullar as circunstancias que o levaron a tomar a decisión de rematar coa súa vida. Unha historia totalmente ficticia, malia que adobiada cunha morea de datos reais, na que Fraga consegue unha sorprendente adaptación das técnicas e recursos narrativos de Lovecraft, recreando o seu cosmos de ficción dun xeito notable e gratificante para o lector.

A.M. Fraga arrástranos cara a un mundo onírico e irracional no que asistiremos á particular baixada aos infernos de Howard. Nese entorno de desequilibrio emocional, os elementos do alén (neste caso a través dunha estraña esfera verde atopada nunha tumba dos indios wichita), torturan ao protagonista ata facelo tolear. O terror psicolóxico provocado por situacións inexplicables dende un punto de vista racional, conducen á desesperación do relator, que chega a considerarse responsable da enfermidade da súa nai (figura totémica na súa vida), mesmo a verse coma un ser deforme e contrafeito. Howard-Fraga describe as súas ensoñacións como o faría o mesmísimo Lovecraft en calquera dos seus relatos.

Esta identificación co estilo lovecraftiano é, ao meu entender, un dos grandesa acertos da novela, pero non é o único. A explicación inicial sobre o seu nacemento, o recurso epistolar permanente, e a perfecta documentación, insírenlle ao relato unha dose de realismo que fai que, aínda que saibamos que (case) todo é ficción, lle poidamos dar sen reparo certo grao de credibilidade.

Urco Editora consegue, deste xeito, afianzar o seu peso específico dentro do xénero fantástico nunha Galicia que o adora, como demostra a nosa tradición oral, malia que revestíndoo con raupaxes novas. E iso sempre é de agradecer.

Antonio Manuel Fraga

Querido H.P. Lovecraft

Editorial: Alcaián (Urco Editora)

154 páxinas

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s