CARLOS MEIXIDE: “Cans”

Sin título-1Imaxinade un grupo similar a ‘Os cinco’, de Enid Blyton, ou a ‘Os Hollister’, de Andrew Svenson. Imaxinade agora que a estes personaxes que tanta felicidade nos deron na adolescencia, os facemos madurar un chisquiño máis, que incluimos nos relatos algo máis de realismo (ou, cando menos, de credibilidade), e que os trasladamos a unha vila galega na época actual. Agora adobiade todo iso coa nosa particular retranca. ¿Xa o fixestes? Pois o resultado que obteñades non dista moito dos últimos traballos de Carlos Meixide.

O ano pasado, Meixide axitou o mundo da literatura xuvenil cunha arriscada aposta, ‘Ons’, onde nos presentou aos catro rapaces protagonistas (e maila vella cadela Rula: velaí ‘os cinco’). Este ano, a serie continúa en ‘Cans’ cos mesmos personaxes, nunha nova aventura que os leva a visitar o festival de curtametraxes máis singular.

Ao pouco de chegar ao certame, o grupo divídese en dous. Un deles participa na gravación dunha curtametraxe na que incluso aparece de xeito estelar o noso Luis Tosar; o outro, na súa procura de aventuras, remata por meterse no túnel do Confurco, aquel paso nunca rematado que pretendía unir Vigo con Mondariz Balneario por medio do tranvía, onde se verán atrapados. A partir de tales premisas, Meixide é quen de argallar unha historia amena e que atrapa ao lector.

Un dos acertos desta novela é, ao meu entender, o perfecto encaixa das súas pezas. Non é en van que o proxecto nacese promovido polo propio festival a través da sección ‘Miradas de Cans’, na que convidan a artistas de disciplinas diferentes ao cinema a dar a súa visión do certame. Isto levou a Meixide, vello coñecedor das vísceras do festival, a visitar a aldea e arredores en varias ocasións acompañado polos organizadores, que fixeron para el de guías da zona. Ese coñecemento da parroquia refíctese perfectamente no texto, facendo uso na trama de moitísimos elementos e personaxes relacionados coa aldea e máis co certame, o que lle aporta grandes doses de credibilidade ao relato.

O libro déixase ler dunha sentada, arrastrando ao lector na procura dun desenlace, cunha linguaxe directa e asequible e con algunhas concesións a expresións da rúa. Por todo iso, ‘Cans’ merece entrar sen complexos nese ‘xénero’ que son as lecturas de verán para xente moza. Pero non vos deixedes enganar: non é tan só unha aventura máis, chá e lineal. As referencias que hai ao longo do relato a cuestións como a homosexualidade ou o consumo de drogas, mesmo a personalidade egocéntrica dalgún dos personaxes, de seguro que nos levarán á reflexión.

E atentos á continuidade que vai ter esta saga: o autor xa anunciou un terceiro volume que estará ambientado nunha vila luguesa. Aos seguidores das aventuras destes ‘Cinco de Ons’ non lles costará moito deducir cal. Só avanzo que o vindeiro título non será monosilábico…

Carlos Meixide

Cans

Editorial: Autoedición

158 páxinas

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s