MIGUEL ALONSO: «O caso Quintana»

QuintanaMiguel Alonso, ao que coñecemos basicamente como músico, adéntrase no eido da literatura cunha novela de intriga e ambientaión xuvenil. Non é o seu primeiro traballo publicado, pero si o primeiro que asina en solitario e a sua primeira aventura de certa envergadura.

«O caso Quintana» é unha novela negra que comeza coa chagada de Sara Porto a Compostela para iniciar os estudos de Psicoloxía. Na residencia atopa unha vella amiga, Laura Mariño. As dúas rapazas veranse envoltas na morte do profesor Marcos Quintana, que aparece misteriosamente asasinado nos baños da facultade xunto con unha compañeira de clase.

Coma se fose un doutor Watson de noso, Sara encárgase de relatarnos os pormenores das pescudas seguidas polas dúas amigas, nas que Laura asume un papel semellante ao de Sherlock, entremeténdose na investigación policial ata a súa resolución final. As pesquisas realizadas polas rapazas lévanas a levantar algunhas alfombras da facultade para ver o lixo que se acumula debaixo, o que deixa en evidencia o propio organigrama do centro. Malia que estamos diante dunha novela de ficción, a trama ben podería estar inspirada en sucesos reais e ben pouco alonxados no tempo, atribuíndolle así á historia unha plena actualidade. Amais, o autor, licenciado en Psicoloxía, amósase como bo coñecedor do ambiente que describe, o que axuda a potenciar a veracidade do relato.

Estamos, xa que logo, diante dunha novela de intriga ao estilo de Conan Doyle ou Agatha Christie, na que un dos principais alicientes do lector será o de compartir a investigación e tratar de descubrir ao asasino antes que as protagonistas. Pero é pouco probable, como adoita acontecer nestes relatos, que o lector se adiante ao resultado final ata non coñecer determinados xiros argumentais que se producen na narración e que desvelan o final.

O resultado é unha novela entretida e ben estruturada, que anima a continuar a súa lectura. Miguel Alonso amósase como un narrador hábil, capaz de dosificar a intriga na medida xusta para manter a atención, e de sair airoso do difícil mundo das novelas de misterio. A linguaxe utilizada e directa para manter a intensidade narrativa, con algunhas concesións ao coloquialismo xustificadas polo público ao que parece dirixirse e que contrastan coas abundantes referencias musicais (non esquezamos que Miguel Alonso é músico), moito máis maduras do que se podía esperar nese contexto.

Pero o gran acerto de «O caso Quintana» será Laura Mariño, personaxe central da narración, unha adolescente fóra de lugar, independente e atípica, que atopa na resolución do caso a escusa perfecta para integrarse por un intre nunha sociedade que non comparte. Directa, ás veces agresiva, e sempre atinada, a súa figura é quen de devorar sen contemplacións a calquera dos outros personaxes cos que comparte espazo. Á súa maneira e con tan desbordante personalidade, semella querer dicirnos que chegou para quedarse e que non tardaremos en volver a ter novas súas.

Miguel Alonso

O caso Quintana

Belagua

224 páxinas

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s