XOSÉ DUNCAN: «O derradeiro decembro infinito»

decembro¿Que acontece despois da morte? ¿Hai un alén tal e como nos contaron? ¿Talvez un paraíso / inferno? ¿O baldío eterno? ¿Hai unha “post-vida”, quizais unha nova etapa que comeza xusto despois do falecemento? Ninguén ten unha resposta irrefutable a tales preguntas e, por iso, calquera de nós pode esbozar a súa propia teoría. Xosé Duncan, un dos nosos autores máis destacados no eido da literatura fantástica, desenvolve nesta novela a súa propia hipótese: logo da morte accedemos a un territorio infinito e descoñecido identificado como Decembro, pero antes de adentrarnos nel, teremos que desfacernos de todo vestixio de humanidade para continuar camiño. E iso implica superar unha serie de etapas ou probas que se agochan tras dunhas simbólicas portas azuis e que o nos conducen a través dunha espiral ao cumio dun outeiro dende o que pode dar o paso a ese Decembro infinito que anuncia o título.

Como premisa, semella unha boa historia. Desenvolvela con certa solvencia require o dominio de moitos recursos literarios para non caer no despropósito. E máis aínda cando o autor pretende darlle certa fondura ao relato, cando decide xogar coa estrutura narrativa, e mesmo cando toma a opción de que o peso principal da trama recaia en só dúas personaxes. Aí, o reto implica asumir moitas dificultades. Pois ben: Duncan non só é quen de enfrontarse a iso, senón que aínda é capaz de saír airoso e de contar unha historia entretida e que deixe un pouso innegable no lector. E iso, ao meu entender e vendo os tempos que corren, é dicir moito.

As personaxes referidas son O Home Solitario, que acaba de perder a vida, e máis O Observador, que exerce a función de guía indicándolle ao protagonista os pasos que debe dar para chegar a Decembro. Nese proceso podemos falar de dous tipos de capítulos: uns, relatados en primeira persoa, nos que O Home Solitario fala coa súa propia alma e que aportan non só a parte máis intimista da narración, senón tamén a de maior calado intelectual, a pesar dunha ambientación escura e opaca; os outros están contados por un narrador omnisciente sen identificar que, vendo o desenvolvemento da trama, ben podería ser O Observador, nos que se conta basicamente o que lle acontece ao protagonista logo de atravesar as portas azuis. Son capítulos máis lixeiros, pequenos contos independentes inseridos na novela que fan de perfecto equilibrio coa profundidade dos anteriores.

O resultado é unha novela arriscada e contundente, ás veces desgarradora, ás veces tenra, ás veces simbólica, ás veces obsesiva, e sempre retadora e sorprendente. Unha linguaxe coidada, unha ambientación fría e escura, e unha trama ben dosificada, serán capaces de enganchar ao lector máis esixente.

Duncan completa a súa oferta cun CD que vén sendo unha banda sonora da narración. A compositora Mielitza é a responsable dunha partitura lenta e minimalista, por momentos obstinada e porfiadora, que reflicte á perfección a anguria do protagonista apoiándose unicamente nun piano e algúns efectos sonoros.

Xosé Duncan

«O derradeiro decembro infinito»

Música de Mielitza

Autoedición

128 páxinas

2 comentarios en “XOSÉ DUNCAN: «O derradeiro decembro infinito»

  1. Grazas infinitas por darlle visibilidade a esta filla de papel e música que tanto de min leva entre as súas páxinas e na que Carla López (Mielitza) deixou parte da súa alma. Alédome moito de que gustases da historia do Home Solitario e que soubeses gozar do xogo emotivo e psicolóxico que propoño nesta obra. Desculpa que tardase tanto en agradecerche a recensión, mais, desde que abandonei as redes sociais, ando un pouco ‘incomunicado’. Unha fonda aperta 😉

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s