TAMARA ANDRÉS e MARCOS VISO: «Distancias»

distanciasNon resulta doado tratar de definir o novo traballo de Tamara Andrés, nesta ocasión en colaboración co ilustrador Marcos Viso. Ela mesma fala dun “artefacto poético” e quizais sexa unha definición bastante acaída a un proxecto no que a imaxe e a palabra interactúan entre si e dialogan no mesmo plano, sen que ningunha delas se supedite á outra. Non falamos polo tanto dun poemario ilustrado, nin tampouco dun álbum de imaxes ao que se lle engada determinado texto, senón da convivencia entre a imaxe e a palabra. O resultado é un xogo visual preñado de lírica e sensibilidade que se estende ao longo do volume e que penetra con facilidade no interior do lector.

Os textos que integran «Distancias» son moi breves, apenas unha presa de ideas espalladas ao longo das páxinas, ás veces integradas dentro das propias ilustracións, ás veces simplemente acompañándoas na viaxe. Entre todas elas compoñen un poema no que a autora nos fala de si mesma e das súas vivencias, das lembranzas da infancia e da súa incidencia no presente do seu eu poético actual, para propoñernos un repaso de cada un de nós, unha revisión das nosas experiencias vitais e das nosas inquedanzas. Falamos, xa que logo, dunha viaxe interior da autora que se estende cara aos lectores implicándoos na mesma non só como meros espectadores, senón como parte esencial do poema.

En canto ás ilustracións, son formas simples con reminiscencias surrealistas, nas que dominan tres cores: a branca do papel, que xoga un rol fundamental no conxunto integrándose coma se fose unha cor máis, a negra e maila vermella. Sen máis adobíos e mesmo con trazos grosos e incompletos, Marcos Viso é quen de reflectir o contido do texto dándolle un pulo case onírico. O feito de que as palabras, en ocasións, pasen a integrarse dentro do propio debuxo, incide na idea expresada máis arriba respecto do perfecto diálogo entre estas dúas linguaxes, tan diferentes e tan complementarias: a palabra e a imaxe.

O formato apaisado e as tapas duras, fan deste volume un proxecto orixinal e transgresor sen que iso signifique unha ruptura violenta. A transgresión tamén pode ser amable sen perder un ápice da súa forza, e neste caso goza desa visión afable e, a un tempo, rompedora.

Tamara Andrés e Marcos Viso

«Distancias»

Galaxia

64 páxinas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s