MANUEL PORTAS: «Cadencias»

cadenciasManuel Portas regresa á narrativa cunha historia de amor e desamor que transcorre na cidade de Barcelona e que ten como protagonistas a tres personaxes. Asistimos a un peculiar triángulo amoroso que xira en torno a un home e dúas mulleres. O primeiro que chama a atención desta novela é a ausencia de nomes de dous deles e só Elisa aparece identificada; uns xenéricos “el” e “ela” serven para nomear aos outros dous. E digo que chama a atención por ser Elisa a personaxe máis desencadrada deste triángulo, a que ve dende fóra a relación tortuosa que viven os outros dous. Conviría explicar isto un pouco mellor.

O home coñece a Elisa e inicia unha relación con ela, xusto antes de saber que o seu oficio é o máis vello do mundo. De primeiras, el asume tal dedicación e todo parece ir ben, pero non tarda en aparecer un certo afán posesivo que remata por dar ao traste coa relación. É aí onde aparece unha nova muller, unha rapaciña nova da que el sempre estivera algo namoriscado no seu Amieiro natal, e que agora chega a Barcelona para estudar e lle pide que a acolla na súa casa. Ela tamén idealizara a aquel rapaz, maior ca ela, que vía nos veráns na aldea. Pero esta nova relación non é quen de facer que el esqueza a paixón vivida con Elisa, o que remata por dar ao traste tamén con esta aventura.

Como vemos, é o amor obsesivo por Elisa o que domina a narración, convertindo ao atormentado protagonista nunha especie de secundario de luxo para cederlle o verdadeiro papel principal á prostituta; velaí a razón, quizais, de que ela sea a única personaxe deste particular trío con nome propio.

Sorprende tamén a escrita fragmentaria do relato. Malia que o resumo que fixen sexa bastante lineal, nada ten que ver coa estrutura narrativa, unha especie de calidoscopio integrado por capítulos breves que nos van dando as pistas da historia. Non por iso consideredes o resumo unha traizón ao relato, xa que o que aí se conta descubrirémolo nas primeiras páxinas.

Pero, ao meu entender, a verdadeira grandeza desta narración está na linguaxe empregada por Portas. O autor mergúllase a fondo no lirismo máis delicado para falar de escenas ás veces mesmo escabrosas, pero que non firen ao lector pola suavidade coa que están tratadas. Así, pasear por entre as súas páxinas convértese nunha experiencia estética e sensible, coma se camiñasemos sobre un colchón mol para evitar mancarnos coas pedras do chan. Non hai un exceso de adobíos nin de figuras retóricas elaboradas, o segredo está simplemente na elección precisa da palabra máis atinada para cada momento da narración. E iso só se acada con moito oficio.

Sen poder presumir de coñecer o traballo completo de Portas, coido que si podería aventurar que “Cadencias” será, sen dúbida, unha das obras referenciales dentro do seu particular corpus narrativo. A min, cando menos, foi a que me deixou a máis fonda pegada.

Manuel Portas

«Cadencias»

Xerais

120 páxinas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s