ALFONSO PEXEGUEIRO: «Viaxa á illa das mulleres loucas»

Hai libros que semellan perseguidos por unha aura máxica, que crecen e amplían o seu radio de acción e a súa capacidade de abarcar novos hourizontes. Tal é o caso de “A illa das mulleres loucas”, orixe do que hoxe nos trae a este espazo. Aquel libro que Pexegueiro escribiu, segundo confesión propia, entre 1979 e 1983, apareceu impreso por vez primeira no lonxano 1984 nunha edición bilingüe galego-catalán. Ao ano seguinte veu unha nova edición, tamén bilingüe, galego-castelá. E non sería ata 2004, vinte anos despois da súa aparición, que chegou a primeira edición galega da man da editorial Galaxia.


Por aquelas datas, azares do destino, o propio Pexegueiro andaba a traballar nun proxecto de recitado dos poemas que integraban aquel libro, acompañado de dous músicos de renome: Anxo Pintos á zanfona e Quico Comesaña á arpa. Como consecuencia daqula colaboración, ao ano seguinte e con motivo da reimpresión do libro por parte de Galaxia, decidiron acompañalo dun CD no que se recollían algúns daqueles poemas en voz do autor e acompañado dos músicos referidos.


Ese proxecto literario e musical foi crecendo e collendo forma de espectáculo teatral coa incorporación de dúas actrices, Vanesa Sotelo e María Caparrini, coas que se foi moldeando unha nova achega a “A illa das mulleres loucas”. O iluminador e escenógrafo Baltasar Patiño púxolle o ramo e así, naceu un espectáculo de vida efémera, pois só se celebraron catro representacións, e que veu a luz no ano 2011 nas cidades de Vigo, A Coruña, Lugo e Compostela. De vida efémera dixen, si, pero de fonda pegada no panorama literario e teatral galego.

O autor, consciente da repercusión que aquelas poucas representacións tiveron, propúxolle ao Concello de Ponteareas recuperar ese traballo e fixar o texto da representación teatral, integrado por diveros fragmentos dos poemas do libro orixinal. E desta maneira chegamos ao libro que hoxe traemos a esta sección que representa, como indica o seu título, unha nova viaxe á illa das mulleres loucas, moito máis ampla que calquera das achegas anteriores. Porque nesta nova versión inclúse, ademais do texto da versión teatral, finalmente fixado, unha chea de material complementario, gráfico e literario, que axudará a comprender un pouco mellor o universo no que se desenvolve a trama do poemario orixinal. E para rematar, acompaña ao texto outro agasallo: a gravación en DVD da última das representacións teatrais, a de Compostela.

Pasaron 36 anos dende que o poemario deus os seus primeiros pasos en Barcelona, onde Pexegueiro residía por aquelas datas, e coido que non han de ser os últimos antes de que esta illa das mulleres loucas, coma aquela mítica illa de Avalón na que as regras naturais desaparecen para darlle paso á maxia, volva a agromar entre a bruma para amosarnos algún novo misterio.

Alfonso Pexegueiro
«Viaxe á illa das mulleres loucas»
Concello de Ponteareas
168 páxinas

Alfonso Pexegueiro

«Viaxe á illa das mulleres loucas»

Concello de Ponteareas

168 páxinas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s