PILAR PALLARÉS: «Unha boa gatucada!»

A primeira incursión de Pilar Pallarés na literatura infantil e xuvenil resultou ser unha grata sorpresa, unha colección de poemas (en realidade un longo poema narrativo fragmentado), que ten como protagonistas un grupo de gatos que conviven cunha humana. No centro da trama, Leo, un gatiño novo, que exerce de narrador na práctica totalidade do libro;…

MARÍA XOSÉ PORTEIRO: «Tabiba»

María Xosé Porteiro, na súa teima por non deixar indiferente ao lector con cada novo traballo que saca do prelo, vén de publicar unha sorprendente novela, «Tabiba», coa que nos empurra fóra da nosa zona de confort para confrontarnos con situacións e personaxes moi pouco transitadas na nosa literatura. Partindo, como é habitual nela, da…

FINA CASALDERREY: «A muller xabaril»

Fina Casalderrey vén de dar un salto importante ao publicar a súa primeira novela para adultos logo dunha longuísima traxectoria dedicada á literatura infantil e xuvenil. E para iso escolleu unha historia que deixa un pouso de amargura no lector que queira reflexionar sobre o comportamento social e como determinadas actitudes que poden parecer inofensivas…

ANDREIA COSTAS: «Magnolia punk e outras arritmias»

Andreia Costas xa nos sorprendeu non fai moito tempo co seu primeiro libro, «Corazón de vaca e outras vísceras», integrado por un monllo de relatos breves que, en certa maneira, nos achegaban a unha linguaxe poética bastante evidente. Nesta nova proposta dá un paso máis e xa se mergulla sen contemplación no terreo da lírica…

FRANCISCO CASTRO: «A historia de Sara»

«A historia de Sara» é unha rareza no mundo editorial galego. É un libro ilustrado, protagonizado por unha nena, pero está claramente dirixido ao público adulto. Son poucos os libros ilustrados para adultos, sobre todo no eido da narrativa; moitos poemarios xogan co aspecto visual a través de trazos de cores ou debuxos que, a…

MIGUEL SANDE: «Brinde e desespero»

Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da…

ARANTZA PORTABALES: «O home que matou a Antía Morgade»

Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos. As súas andainas contan cada vez con máis seguidores e as súas complicadas relacións afectivas (marca da casa) enchoupan as páxinas das novelas nas que aparecen, converténdose,…

XOSÉ MONTEAGUDO: «Vémonos mañá»

Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada. Dupla, porque son dúas as personaxes nas que se centra a acción, Bibiano Fernández Osorio-Tafall, político e científico en tempos da II República, e máis a súa dona, Josefina Arruti; biografía,…

ANTÍA OTERO: «Barroco»

É posible que todo viñese suxerido polo título do novo poemario de Antía Otero, «Barroco», pero ao mergullarme nas súas páxinas vivín a sensación de pasear por unha galería de arte na que cada un dos poemas era, en realidade, un cadro ou unha peza escultórica que a autora describía con detalle. Este libro sería,…

MARÍA SOLAR: «A culpa»

A metade de camiño entre a novela negra e o thriller, María Solar vén de presentar un novo traballo para adultos no que pescuda nas interioridades da parte máis escura da alma humana a través dun trío de mulleres, protagonistas do relato. Avalada polo Premio Xerais, «A culpa» narra a historia de Amanda, empregada nun banco…