Manrique Fernández

Manrique_Fdez-1

@Xosé Peixoto

(Sistallo – Cospeito – Lugo. 1965)

Son licenciado en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid. Traballei en Galicia en distintos medios de comunicación, tanto en prensa escrita como en radio, televisión e medios dixitais, en distintos cargos e con diferentes responsabilidades. Entre 2002 e 2017 exercín de director-xerente da Fundación Rogelio Groba. Na actualidade colaboro co Concello de Ponteareas na organización de actividades culturais, como o ciclo “Venres D_letras”, do que son coordinador dende o seu nacemento.

Froito da colaboración co compositor Rogelio Groba naceron diversos traballos, como a súa biografía autorizada, “Meditacións en branco e negro” (Xerais, 2000); o libro de conversas “Diabolus in musica” (Galaxia, 2011). Tamén xurdiron outras colaboracións como letrista de algunhas das súas composicións: as óperas “Floralba” e “Pedro Madruga. O noso Rei”, unha ópera infantil (adaptación do conto de Charles Perrault “O gato con botas”, en galego e en castelán), a cantata “Corpus en Ponteareas”,  o réquiem “Samaín. Réquiem galego”,  e varias cancións.

O libreto da ópera “Floralba” e máis un poema longo que a inspirou, foron recollidos nun volume co mesmo título (Egasur, 1999); pouco máis tarde publiquei tamén o libro “Ponteareas máxica. Mitos, ritos e lendas” (Asociación de Comerciantes de Ponteareas, 2002), no que se recolle o devandito poema e máis outras sete lendas populares desta vila narradas en verso.

Ademais publiquei a colección de relatos “Crónicas de Embora” (Toxosoutos, 2014), a novela “Tres feridas” (Belagua, 2015), a obra de teatro infantil “Hermes, aprendiz de mago” (Galaxia, 2017), o libro de relatos “Os anxos indecisos”, e a biografía do pintor “Rogelio Lorenzo, paleta de nove cores”, (Concello de Ponteareas, 2021), por encarga do Concello de Ponteareas, dentro da colección “Creadores ponteareáns”.

O pase de diapositivas require JavaScript.

maxica

Neste enlace podes descargar unha edición en pdf de Ponteareas_máxica.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s