XOSÉ RICARDO LOSADA: «A casa xunto ao volcán”

“A casa xunto ao volcán” é a nova proposta narrativa de Xosé Ricardo Losada e chega a nós avalada pola concesión do Premio Viaductos de novela. Trátase dun relato que, pese á temática e á súa protagonista, custa traballo identificar plenamente cun produto dirixido ao público adolescente, malia que ese pareza o seu destinatario máis lóxico.…

NAZARET LÓPEZ: «Formigas nos pés»

De Nazaret López tiñamos algunhas referencias abeiradas ao mundo da comunicación e do teatro, pero é a primeira vez que se adentra, publicamente cando menos, no eido da narrativa a través dunha novela, e faino para falarnos da reconstrución psicolóxica dunha muller que se ve desbordada por unha ruptura sentimental. A contracapa di que a novela…

AN ALFAYA: «O grupo»

An Alfaya volve á novela xuvenil e faino baixo o paraugas dun premio tan celebrado como o “Raíña Lupa”, convocado pola Deputación coruñesa. E preséntanos unha historia que de seguro non deixará a ninguén indiferente, ao colocar sobre o tapete de xogo algunhas das situacións máis incómodas que afectan á sociedade actual e afrontar o…

BERTA DÁVILA: «Carrusel»

Levabamos tempo sen ter novas de Berta Dávila, tanto no eido da poesía como no da narrativa. E chegaron, por fin, o pasado verán, co prestixioso premio de novela García Barros debaixo do brazo e un título suxestivo: “Carrusel”. Agora materialízase ese traballo coa súa edición impresa por parte de Galaxia e, estou seguro, non…

AMADOR CASTRO MOURE: «Shanghai a Barcelona»

Cando unha novela vén avalada polo premio Xerais merece, cando menos, prestarlle unha mínima atención. Neste caso, a proposta narrativa de Amador Castro Moure que se fixo con tal galardón este mesmo ano é unha novela ben peculiar e moi traballada, arriscada no seu prantexamento e resolta con gran habilidade. Por iso, de seguro, será…

XOSÉ DUNCAN: «Mnemea»

Afirmar que «Mnemea» é unha novela englobada dentro do xénero fantástico ao que Xosé Duncan nos ten acostumados, sería faltar á verdade; pero afirmar o contrario, tamén. Nesta nova entrega, o autor navega entre xéneros sen decantarse por ningún deles nun difícil equilibrio do que non é doado saír ben parado, pero Duncan é quen…

EMMA PEDREIRA: «As fauces feroces»

Emma Pedreira volve a sorprender cun traballo arriscado. «As fauces feroces» trata de ser unha novela, pero afástase dos estereotipos clásicos da estrutura novelesca na procura de novos camiños, dende unha liña intimista e introspectiva debuxada por catro mulleres protagonistas e algunhas outras que transitan ao seu arredor. Son elas as que levan todo o…

MARÍA ALONSO ALONSO: «Red Lion»

Segunda novela de María Alonso logo do seu paso pola ciencia ficción distópica a través de “Despois do cataclismo”, que nesta ocasión se mergulla nun ambiente máis realista pero absolutamente marxinal, para narrarnos unha historia de vinganza que, ao meu entender, débelle moito ao cine de acción, sobre todo na parte final. A historia comeza…

ELI RÍOS: «O ceo das reixas»

«O ceo das reixas» é unha desas novelas curtas que deixan un gran sabor de boca, pois en apenas 80 páxinas Eli Ríos é quen de relatar unha historia chea de silenzos, de complicidades, de maxia, de violencia, de crítica social, de amizade, e da imprescindible calidade literaria da que fai gala en cada nova…