MIGUEL SANDE: «Brinde e desespero»

Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da…

ARANTZA PORTABALES: «O home que matou a Antía Morgade»

Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos. As súas andainas contan cada vez con máis seguidores e as súas complicadas relacións afectivas (marca da casa) enchoupan as páxinas das novelas nas que aparecen, converténdose,…

XOSÉ MONTEAGUDO: «Vémonos mañá»

Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada. Dupla, porque son dúas as personaxes nas que se centra a acción, Bibiano Fernández Osorio-Tafall, político e científico en tempos da II República, e máis a súa dona, Josefina Arruti; biografía,…

ANTÍA OTERO: «Barroco»

É posible que todo viñese suxerido polo título do novo poemario de Antía Otero, «Barroco», pero ao mergullarme nas súas páxinas vivín a sensación de pasear por unha galería de arte na que cada un dos poemas era, en realidade, un cadro ou unha peza escultórica que a autora describía con detalle. Este libro sería,…

MARÍA SOLAR: «A culpa»

A metade de camiño entre a novela negra e o thriller, María Solar vén de presentar un novo traballo para adultos no que pescuda nas interioridades da parte máis escura da alma humana a través dun trío de mulleres, protagonistas do relato. Avalada polo Premio Xerais, «A culpa» narra a historia de Amanda, empregada nun banco…

ANTÓN RIVEIRO COELLO: «Días de intemperie»

A nova achega de Antón Riveiro Coello, «Días de imtemperie», é unha proposta que contén nove relatos de temática e transfondo diferentes, mais que teñen un elemento en común, como é a guerra no sentido máis amplo da palabra. Non fala de ningunha en concreto e, ao tempo fala de todas, dende a de Ucraína…

ISABEL BLANCO: «Bambú»

Xa comentamos nalgunha ocasión neste mesmo espazo que os límites entre xéneros literarios estanse a difuminar de maneira progresiva e que os autores e autoras contemporános pescudan sen apuro nese terreo bretemoso que son as lindes entre narrativa, teatro e poesía. O resultado desas pescudas son traballos novidosos, orixinais e difíciles de catalogar, como é…

NAZARET LÓPEZ: «Pecados veniais»

Ás veces non resulta doado establecer o punto no que se sitúa a liña feble que separa uns xéneros literarios de outros. É coma participar nunha especie de xogo no que os autores rachan as barreiras establecidas e descolocan ao lector, quizais para provocar unha lectura diferente do texto que presentan. Algo parecido debeu de…

ALBA GUZMÁN FALCÓN: «Xoaniña de Deus»

Alba Guzmán era, ata o de agora, unha autora practicamente descoñecida para o gran público, a pesar de contar no seu haber cunha morea de premios en certames de poesía e tamén de narrativa. Agora publica o seu primeiro traballo, que tamén chega a nós avalado por un galardón, o “Xuventude Crea-2021” na categoría de…